O Concello de Narón acolleu o pasado luns día 14 a presentación do Partido Benéfico de Fútbol Sala, que enfrontará á Selección Nacional de Vietnam e ó Cidade de Narón de Futsal, o domingo 20 de abril ás 12:00 horas no Pavillón de A Gándara.
O Concello de Narón acolleu o pasado luns día 14 a presentación do Partido Benéfico de Fútbol Sala, que enfrontará á Selección Nacional de Vietnam e ó Cidade de Narón de Futsal, o domingo 20 de abril ás 12:00 horas no Pavillón de A Gándara.
O partido servirá de despedida á Selección Vietnamita, que deixará Narón o día 21, pero tamén permitirá axudar a unha entidade social que está pasando por un momento complicado.
“Trátase dun partido moi bonito polo carácter benéfico que ten, e tamén porque ambos equipos están moi igualados tal e como puidemos contemplar no recente Trofeo de Futsal Cidade de Narón” declarou a Concelleira de Deportes. Natalia Hermida agradeceu ó club Cidade de Narón “a súa disposición a colaborar. Este equipo sempre é un exemplo de solidariedade” engadíu. A edil animou á cidadanía a participar neste evento.
A entrada ó partido é de balde. Para recadar fondos a beneficio da Asociación Parkinson Ferrolterra, poñeranse á venta unhas rifas (ó prezo de 2 euros/unidade) para participar no sorteo dos seguintes agasallos deportivos:
- 1 Par de Botas de Fútbol Nike
- 1 Camiseta Glasgow Rangers
- 1 Camiseta do Celta de Vigo
- 1 Camiseta do Deportivo de A Coruña
- 1 Camiseta do Valencia C.F.
- 1 Camiseta do Sevilla C.F.
- 1 Camiseta do Racing de Ferrol
- 1 Camiseta de El Pozo de Murcia
- 1 Camiseta Burela Pescados Rubén
- 1 Camiseta Inter Movistar
- 1 Camiseta Selección Nacional de Vietnam
- 1 Camiseta Cidade de Narón Futsal
Haberá ademáis outras dúas formas de colaborar neste evento solidario:
- A través dun donativo nas urnas que se instalarán na entrada do Pavillón de A Gándara, a beneficio da Asociación Parkinson Ferrolterra.
- Mediante a Fila Cero (número de conta: ES72- 2080- 0200- 4930- 4011- 6821).
O presidente do Cidade de Narón de Futsal, Ramón Padín, explicou que a idea de organizar un partido benéfico xurdiu a partires da petición de axuda do presidente da Asociación Parkinson Ferrolterra. “Pensamos que esta é a mellor maneira que temos para colaborar con eles. Ademáis, temos que agradecer a colaboración do Comité Galego de Arbitros de Fútbol Sala, que donarán os dereitos de arbitraxe deste partido á Asociación de Parkinson”, sinalou Padín, quen tamén agradeceu a colaboración de Cadena Dial Rias.
Pola súa banda, o presidente de Parkinson Ferrolterra explicou que a entidade está a pasar momentos bastante críticos, polo que agradeceu especialmente a colaboración do Concello de Narón e do Cidade de Narón de Futsal. “Esta colaboración é importante porque sirve de exemplo para que outros concellos tamén se impliquen nesta causa”, sinalou Gerardo González. Na actualidade, Parkinson Ferrolterra ten 156 socios, entre usuarios e familiares.