Pensas que a túa identidade dixital é algo moi importante para o teu futuro? Entendes o que é "Marca persoal"? Se tes interese nos temas relacionados co marketing dixital: este seminario é para ti! Temos unha cita o día 25 de febreiro na Aula Cemit de Xuvia.
Este seminario será impartido por Xosé Alberte Cea usando unha ferramenta TIC para videoconferencias tal e como anunciou a edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida.
Se non contas con moito tempo libre, non te amoles! Só serán 3 horas, entre ás 17:00 e as 20:00 horas. Vai dirixida a responsables de recursos humanos e a persoas que consideren que o talento é un elemento importantísimo na súa actividade profesional (presente e futura) ou na da súa organización.
Quen organiza? A iniciativa está organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e para participar na mesma é necesario inscribirse, de balde, a través da páxina: cdtic.xunta.es.
Xosé Alberte abordará temas como: “A Marca persoal e a identidade dixital”; “O inicio da identidade profesional na rede: o papel do correo electrónico”; “Ferramentas para o posicionamento profesional na rede” e “O employer branding como estratexia competitiva: o papel da diversidade nun mundo global co coñecemento no centro da actividade económica”.
A videoconferencia emitirase, ademáis de na Aula Cemit de Narón, nas de A Cañiza, Castro Caldelas, Celanova, Fisterra, Leiro, Ortigueira, San Sadurniño e Vilanova de Arousa.
Vémonos o 25 en Xuvia! Non o perdas!