O sábado día 14 teremos en concerto á cantautora coruñesa Sés, María Xosé Silvar. Sés interpretará en Narón temas do seu último disco, o cuarto na súa carreira musical, que viu a luz o pasado mes de decembro-, titulado “Opoñerse á extinción”.

A cita
- A cita será a partir das 20.00 horas e as entradas, xa á venda na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, teñen un prezo de 12 euros para o público en xeral e de 8,40 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A día de hoxe están vendidas unhas setecentas entradas.
O concerto terá unha duración de case dúas horas, un tempo no que o público poderá gozar da música de autor, do blues e dos sons latinoamericanos da man de Sés e dos seus músicos habituais:
- Tito Calviño á guitarra.
- Fernando Fraga ao baixo.
- Lorena “Cachito” Martín á batería.
- Lucía Cela, Lucía Souto e Lucía Ínsua farán os coros.
- Chicho Cordero ás percusións.
Máis información sobre Sés
- Web de Sés: http://ses.cunde.gal
- Faceboook: https://www.facebook.com/mariaxosesilvar
- Twitter: https://twitter.com/mariaxosesilvar