O equipo formado por 7 nenos/as de 1º de ESO do IES Terra de Trasancos acadou a primeira posición na súa categoría na final do “Rallie Matemático Sen Fronteira”, celebrado no mes de maio na localidade de Toulouse (Francia).
Os estudantes, con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos, acudiron á final do campionato en representación de toda Galicia e conseguiron resolver con éxito os problemas de lóxica mental.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu unha carta do director do IES Terra de Trasancos, Cristóbal Llano, comunicándolle esta boa nova e agradecendo ó Concello de Narón a axuda económica para poder financiar a viaxe a Francia.
Os rapaces e rapazas preparáronse intensamente durante os últimos 2 meses, (dúas horas semanais en horario extraescolar e con exercicios para a casa) e contaron coa axuda da súa profesora, Consuelo Castro Vázquez