NOVAS

Solicita o acceso para o itinerario profesional de inserción en Servizos de cafetería e bar

Publicado o 24 de Agosto de 2016

O Concello de Narón convoca 15 plazas no itinerario profesional de inserción en servizos de cafetería e bar. 

O Concello de Narón convoca 15 plazas no itinerario profesional de inserción en servizos de cafetería e bar. 

Quen pode participar? Esta convocatoria vai dirixida a veciños e veciñas de Narón que sexan desempregados/as e maiores de 18 anos. Se é o teu caso esta é unha boa oportunidade para mellorar a túa formación!

Como te podes inscribir? Entregando o formulario de solicitude cos teus datos. Este formulario o podes descargar ao pé desta nova ou conseguilo no Rexistro Xeral.

O prazo? O prazo para presentalo vai dende o 29 de agosto ao 2 de setembro de 2016.

Como selecciónan ás persoas participantes? A selección das persoas participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición. O Concello reservará 3 prazas para persoas consideradas en risco de exclusión social derivadas dende o Servizo Sociocomunitario. De non cubrirse quedarían vacantes para ser cubertas a través das solicitudes rexistradas por orde de inscrición.

A documentación a presentar? En caso de ser unha das persoas admitidas terás un prazo de 3 días para presentar os seguintes documentos:

  • Fotocopia cotexada da tarxeta de demandante de emprego.
  • Fotocopia cotexada do NIF ou similar.

Sobre a formación... A formación desenvolverase no Centro municipal de formación de A Gándara e en empresas colaboradoras. A súa duración será de 230 horas que e realizarán entre o 12 de setembro e o 30 de novembro.

 

Sobre os contidos... Os contidos que lle dan forma a este itinerario son os seguintes:

  1. Prevención de riscos laborais (7 horas). 12 e 13 de detembro.
  2. Hixiene alimentaria (3 horas). 13 de setembro.
  3. Servizos de cafetería e bar, preparación e presentación, atención ao cliente (80 horas). 14 de setembro ao 5 de outubro.
  4. Prácticas profesionais non laborais en hostalaría (100 horas). 6 de outubro ao 4 de novembro.
  5. Orientación profesional (10 horas). 7 e 8 de novembro.
  6. Inglés aplicado a hostalaría (30 horas). 9 ao 30 de novembro. De 09:30 a 11:30 horas.

Os días non lectivos serán o 12 de outubro, 1 e 23 de novembro.

Precisas máis información? Podes contactar coas seguintes persoas do Servizo Sociocomunitario:

  • Ángel Álvarez: 981337700 ext 2602.
  • Margarita Fresnillo: 981337700 ext 1120.
  • Montse Garel: 981337700 ext 1107.
  • Ángela Lagoa: 981337700 ext 1123.

Descarga máis información e o formulario de solicitude:

   
Documento Tamaño
SOC21 Itinerario 2016 168.15 KB