O Consello Superior de Deportes concede catro bolsas de formación de posgrao
tres delas na Subdirección Xeral de Deporte e Saúde e unha na Subdirección Xeral de Inspección.
A beca na Subdirección Xeral de Inspección está dirixida para:
- Licenciados/ graduados en Economía
- Licenciados/graduados en Administración e Dirección de Empresas
- Diplomados/graduados en Ciencias Empresariais
As tres becas restantes repartíronse do seguinte xeito:
- Laboratorio de Forza: licenciados/graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e/ou Licenciados/Graduados en Medicina, e Medicina e Cirurxía, (especialistas en Medicina da Educación Física e o Deporte)
- Unidade de Endocrinoloxía e Nutrición: diplomados/graduados en Nutrición Humana e Dietética
- Unidade de Fisioterapia: diplomados/graduados en Fisioterapia
O prazo de incrispción será dende o 29/4/2014 ata o 18/5/2014
Para a solicitude destas bolsas de formación débense cumprir unha serie de requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou a dun país membro da Unión Europea ou pertencer a un Estado signatario do Acordo sobre Espazo Económico Europeo
- Ser residente en España
- Estar en posesión das titulacións requiridas para cada posto
- A data de finalización dos estudos solicitados, non poderá ser anterior ao curso académico 2008/2009
A contía de cada bolsa será de 14.400 € anuais íntegros, divididos en doce mensualidade
Máis información: BOE do 28 de abril de 2014