O sorteo para celebrar o Día do Libro realízase a través de Instagram, na conta de Xuventude Galicia, e aceptaranse submisións durante todo o día de hoxe.
Dende a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quixeron sumarse ao Día do Libro cun sorteo na canle de Instagram de Xuventude: @XuventudeGalicia (#DíaDoLibro).
¿Como participo?
Só tes que mencionar nos comentarios a conta dunha persoa a quen lle regalarías un libro neste día.
Link á publicación: https://www.instagram.com/p/B_TKP65nVHY/
¿Cal é o premio?
Participa para conseguir un dos 10 vales de 40€ que sortéanse para gastar nas librarías asociadas ao Carné Xove, unha vez abran de novo de xeito físico, en virtude do acordo que ten a Consellería coa Federación de Librarías de Galicia e en colaboración con Abanca.
¿Que requisitos hai?
Para participar só hai que:
- Ser titular do Carné Xove
- Seguir a @xuventudegalicia
Poderás participar desde as 00:00h ata as 23:59h de hoxe, 23 de abril. O sorteo realizarase mañá, 24 de abril.
Podes consultar as bases do sorteo aquí.