NOVAS

Subvencións deporte 2014: mañá se pecha o prazo de solicitude!

Publicado o 28 de Xullo de 2014

Traballades na promoción do deporte no Concello de Narón?Non esquezades presentar a solicitude de subvención!

O Concello mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes de subvención para asociacións, entidades e clubs de ámbito municipal, no eido do deporte. Non vos despistedes! A convocatoria estará vixente ata mañá, 29 de xullo de 2014.

As entidades interesadas poden retirar a solicitude nas oficinas do Servizo de Deportes (situado no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara) en horario de 9:00 a 13:00 horas, e unha vez cubertas deberán presentalas no Rexistro Xeral do Concello.

As solicitudes tamén poden atoparse na web do Padroado de Deportes (www.padroadodeportesnaron.com), dentro do banner “Subvencións deporte 2014”, onde os interesados poden cubrila e imprimila para a súa presentación no Rexistro Xeral do Concello.

Cal é o orzamento para as subvencións? A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, destina un total de 30.000 euros a esta convocatoria.