Convocadas novas subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria
e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2015.
Este programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia mozos e mozas galegas para a súa colaboración na realización dos proxectos de voluntariado.
Que proxectos seran subvencionables?
Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e entidades locais sempre que :
- Sean desenvolvidas persoas de idades entre os 18 e 30 anos, ou de 16 a 18 anos con autorización do pai/nai ou titor/a legal
- Que se realicen no ámbito territorial de Galicia.
En que áreas se priorizará as subvencións?
Prioritariamente pero non exclusivamente, nalgunha das seguintes áreas:
- Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
- Actividades de recuperación da cultura, da arte e/ou das tradicións populares galegas.
- Actividades con colectivos en situación de risco.
- Actividades xuvenís.
- Actividades ambientais.
- Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.
Deben ter unha duracion mínima ou máxima?
Os proxectos de acción voluntaria subvencionables deberán ter unha duración comprendida entre 15 e 60 días.
Requisitos:
- Que as entidades de acción voluntaria e as entidades locais estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
- Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de voluntarias ou voluntarios.
- Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias.
Donde se realizaran os tramites?
Poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento BS320A
Canto tempo esta aberto o prazo para a presentacion das solicitudes?
O prazo estará aberto ata o 18 de maio de 2015.
Máis información no DOG do 17 de abril de 2015 e en www.voluntariadogalego.org