Queredes facer algo diferente esta fin de semana? Tedes xa plan? Aquí vai unha proposta que nos chega dende San Mateo!
A actividade comezará hoxe venres 30:
- Venres, 18:00 horas: Obradoiro de cabazas para os nenos e nenas no Centro Cívico e Social de San Mateo.
- Sábado, 17:00-19:00 horas: Obradoiro de cabazas e obradoiro de maquillaxe no local social.
- Sábado, 19:00 horas: Sesión de Contos do Samaín, a cargo de Pablo Sánchez.
- Sábado, 19:30 horas: A Comitiva de Luces e Tebras fará un pequeno percorrido pola zona...Glups! Olliño con sair das vosas casas!
- Sábado, 20:00 horas: Obradoiro do Medo, na escola unitaria de San Mateo, que se acondicionará temporalmente como “Casa do terror”. (A quen non lle deu terror algunha vez ir á escola? XD)
Pero non todo vai ser pasar medo! A música tradicional estará tamén presente na convocatoria, a cargo do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
E a ti que che gusta comer....poderanse degustar caldo e liscos con pan de millo e sortearanse dous xamóns. Non mo perdo! Definitivamente todo o equipo de Dameuntoke vai ir dar unha voltiña a San Mateo!