NOVAS

Tes unha idea emprendedora? Anótate ó Programa Yuzz

Publicado o 26 de Xaneiro de 2015

Se tes entre 18 e 31 anos e se che ocorre unha idea de negocio, poderás ser seleccionado para desenvolver o teu proxecto o longo de 5 meses co apoio de expertos profesionais de empresas de prestixio.

Os mellores proxectos de cada Centro Yuzz realizarán unha viaxe a Silicon Valley! A maiores, os tres mellores proxectos do Estado recibirán unha cuantía para poñer a andar o negocio:

  • 30.000 € para o primeiro 
  • 20.000€ para o segundo  
  • 10.000 para o terceiro

prazo para participar no programa está aberto ata o 19 de febreiro, a candidatura deberase facer a través da plataforma www.yuzz.org

A Universidade da Coruña ven de unirse ao Programa Yuzz orientado á captación e promoción da xente nova con proxectos de negocios.