NOVAS

A UDC anima á mocidade a participar no programa de emprendemento Explorer 'Mozos con solucións'

Publicado o 17 de Novembro de 2020

Pode presentar un proxecto calquera mozo ou moza de entre 18 e 31 anos, e o programa é totalmente de balde.

A Universidade da Coruña súmase ao programa de emprendemento Explorer 'Mozos con solucións', promovido polo Banco Santander en colaboración con diferentes centros universitarios de toda España. Este evento, que terá lugar ao longo de doce semanas entre o 25 de xaneiro e o 25 de abril a través de sesións presenciais e virtuais.

Pode presentarse calquera mozo ou moza que queira pór en valor unha idea que contribúa a lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 2030. Permítese a participación individual ou en grupos dun máximo de 5 persoas, e o programa é totalmente de balde.

Esta formación impartirase en dous espazos da Universidade da Coruña: o 'UDC A Coruña Space' e o 'UDC Ferrol Space' (no campus ferrolán). Para inscribirse é preciso encher o formulario dispoñible na páxina web do programa. Os mozos seleccionados para cada un dos espazos recibirá unha notificación por parte do equipo de Explorer.