NOVAS

Últimas prazas para participar na acción formativa "Alfabetización dixital: ofimática, trámites online, busca de emprego a través de internet"

Publicado o 31 de Outubro de 2016

Esta acción formativa pertence o programa municipal Emple@tic, impulsado desde a Concellería de Formación e Novas Tecnoloxías, dispoñen aínda de prazas libres, podendo anotars ata o vindeiro 2 de novembro (incluído)

Está dirixida a persoas desempregadas da localidade.

Esta convocatoria desenvólvese en 2 edicións

  1. Duración: 110 horas cada unha.
  2. Horarios: Serán de mañá e tarde.
  3. Datas: 7 de novembro ao 21 de decembro.
  4. Lugar: Aula Cemit de Xubia.
  5. Prezo: De balde.

Para inscribirse podedes descargar a instancia xenérica desde a páxina web do Concello –www.naron.es- ou solicitar no Rexistro municipal do Concello, de 8:30 a 13:30 horas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Para obter máis información pódese chamar ó número de teléfono 981 337 700 (ext.: 1123).