NOVAS

Últimos días para participar na sexta edición do Concurso Fotográfico “Cidade de Narón” convocado pola Concellería de Turismo

Publicado o 11 de Novembro de 2015

Amigas e amigos de Dameuntoke! Olliño, só quedan seis días para participar na sexta edición do Concurso Fotográfico “Cidade de Narón”.

Lembrades que hai uns días publicamos esta nova: "A Concellería de Turismo convoca a sexta edición do concurso fotográfico Cidade de Narón"?

As imaxes a presentar, ata un máximo de tres por persoa, que poden remontarse a setembro de 2014, deben estar relacionadas coa fotografía deportiva ou de promoción do exercicio físico e tamén co concello naronés.

O certame repartirá 1.200 euros en premios, que se entregarán aos autores dos tres mellores traballos.

O prazo para participar remata o vindeiro martes, día 17, polo que as persoas interesadas deben entregar as imaxes, baixo pseudónimo, no Rexistro do Concello ou no quinto andar, entre as 08.30 e as 13.30 horas.

O autor da fotografía gañadora recibirá 750 euros e o segundo e terceiro premio están dotados con 300 e 150 euros respectivamente.

Para obter máis información ao respecto tamén se pode chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1517).