NOVAS

Últimos días para participar no “VIII Concurso de Pintura Cidade de Narón”

Publicado o 15 de Novembro de 2016

Dispoñedes para presentar os vosos traballos ata as 21.00 horas do vindeiro venres, día 18 novembro, no Pazo da Cultura.

Desde o Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños “Ceibe” de San Xiao querenvos recordar que está preto de rematar o prazo para participar no  “VIII Concurso de Pintura Cidade de Narón”. Lembrade que xa vos informamos o 27 de outubro sobre as condicións para participar no concurso.

Dispoñedes para presentar os vosos traballos ata as 21.00 horas do vindeiro venres, día 18 novembro, no Pazo da Cultura.

As bases pódense consultar nas páxinas webs do Concello e do Padroado –www.naron.es e www.padroadodecultura.es-.

Tede en conta que só poderán optar ós premios económicos os maiores de 16 anos, se ben as rapazas e os rapaces ata 15 anos teredes a posiblidade de presentarvos a modalidade infantil.

A temática das obras, así como a técnica e o estilo, son libres e os cadros presentados exporanse no Pazo da Cultura:

  • Do 19 o 26 de novembro
  • De luns a venres:  09:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
  • Sábados: 10:00 a 14:00

Premios:

  • 1º estará dotado con 1.500 euros
  • 2º con 750 euros
  • 3º con 400 euros
  • A maiores haberá un premio especial, “Francisco Criado”, de 200 euros

Os autores dos cadros seleccionados para a fase final deste concurso recibirán un diploma acreditativo pola súa participación.

A entrega de premios será o día 23 de novembro ás 20:00 no Pazo da Cultura, nos actos deseñados polo Concello con motivo do Día de Narón, festividade local.