O Concello de Narón acolleu hoxe a presentación da 1ª Ruta BTT "Cidade de Narón" que se celebrará o domingo 10 de maio
Cando se celebrará? O 10 de maio.
En que horario? Dende as 9:00 ata as 14:00
Onde comeza e remata a ruta? Ten a saída e a chegada no Pavillón de A Gándara.
Siguen abertas as inscricións? As inscricións están pechadas, foron completadas ás 12 horas de abrirse o prazo.
Cántas persoas participarán? Agárdase a participación de 200 ciclistas, entre eles un grupo de 20 mulleres, procedentes de toda Galicia.
Qué nivel ten a ruta? Esta ruta cicloturista é de nivel medio.
Quén a organiza?
- Club MTB Escornabois.
- Club Ciclista Benigym Sport.
- Asociación Deportiva "Vara e Pedal".
- Concello de Narón.
- Padroado de Deportes de Narón.
co patrocinio de:
- BMK Narón.
- Bikeworks Narón.
A quén irá destinada a recadación deste evento? A Asociación Alba Pérez de lucha contra o cancro infantil.
Cantos kilómetros se percorrerán? Os participantes percorrerán unha distancia total de 45 km.
Pasarán por algún lugar emblemático? Sí, como o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceñas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso.
Ó finalizar esta ruta de BTT, os ciclistas poderán facer uso das instalacións do Pavillón Polideportivo de A Gándara (vestiarios e duchas para o seu aseo persoal, e mangueiras para limpar as bicis). Está prevista a colaboración de 50 voluntarios no operativo, xunto con persoal de Protección Civil e da Policía Local de Narón. A entrega de dorsais realizarase o sábado 9 de maio no CC Odeón, a partires das 10:00 horas.