O 24 de novembro foi presentado o “XV Trofeo de Atletismo Cidade de Narón”. A este acto acudiron o edil de Deportes, Román Romero, acompañado por Alejandro Romero e Yolanda Fonticoba, vicepresidente e vogal, respectivamente, do Club Atletismo Narón.
O “XV Trofeo de Atletismo Cidade de Narón” desenvolverase:
- Día: Sábado, 26 de novembro.
- Lugar: Estadio Municipal de Río Seco, en Narón.
- Hora inicio: 10:00 horas.
- Hora fin: 14:00 horas.
Destacar que está prevista a asistencia de atletas chegados de diferentes clubes de diferentes concellos da comunidade autónoma galega. Haberá probas de distintos tipos e de diferentes modalidades, en tódalas categorías, desde benxamíns ata veteranos:
- Velocidade.
- Salto.
- Salto de lonxitude.
- Peso.
- Medio fondo.
- Fondo.
- Carreiras de relevos.
Os tres primeiros clasificados por proba e categoría recibirán unha medalla conmemorativa, debendo acudir á ceremonia de entrega, que será á última hora.
Os organizadores do evento, como nós desde aquí, animámosvos a acudir a este evento deportivo que terá lugar este sábado día 26 de novembro.
Para máis información deixámosvos as seguintes ligazóns proporcionadas polo Club Atletismo de Narón da xente inscrita e o novo horario das distintas competicións na súa páxina web.