NOVAS

Uns 170 estudantes de tres centros da cidade participan en obradoiros de consumo enerxético responsable

Publicado o 26 de Abril de 2017

O edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico, destacou a importancia desta iniciativa que axuda a que os/as rapaces/as adquiran hábitos de consumo responsable e valoren máis a importancia do medio ambiente.

Os alumnos de 3º e 4º da ESO de tres centros educativos de Narón participan nun obradoiro sobre consumo enerxético responsable dende o pasado día 19 ata o 5 de maio, en horario de mañá.

O edil de Medio Ambiente, Octavio Dopico, destacou a importancia desta iniciativa que axuda a que os/as rapaces/as adquiran hábitos de consumo responsable e valoren máis a importancia do medio ambiente.

  • Desenvolvemento sostible, cambio climático, comercio xusto, eficiencia enerxética e produtos ecolóxicos son algún dos temas que se abordan nos obradoiros.

Dopico explicou que nos centros participantes instalarán temporalmente unha exposición do Centro Nacional de Educación Medioambiental (Ceneam), do programa "Hogares Verdes"; co obxectivo de informar á comunidade educativa sobre á importancia dunha xestión máis responsable nos fogares.

"Hogares Verdes" é un proxecto educativo dedicado ás familias preocupadas polo impacto social e medioambiental das súas decisións que impulsa á implantación de medidas aforradoras de auga e de electricidade.