O uso intelixente da auga, a través da innovación, é a clave da V Edición do Concurso de Debuxo Infantil que convoca COSMA, para conmemorar o Día Mundial da Auga que este ano ten o lema "Cooperación na Esfera da Auga".
O lema deste ano “O futuro da auga pinta ben porque o pintas ti” quere chamar a atención sobre a importancia de ter condutas socialmente responsables ca auga. Este ano o certame incide especialmente no desenvolvemento e aplicación de novos avances tecnolóxicos que nos permiten consumir de forma máis eficiente a auga nos nosos fogares e cidades, e ser así, máis respetuosos co Medio Ambiente.
Quen pode participar? Nen@s de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do Concello.
Que nos queren dicir co lema "O futuro da auga pinta ben, porque o pintas ti"? O futuro da auga está no uso responsable que fagamos dela, queren chamar a atención da xente nova para que a usemos de forma racional.
Como podo participar? Cosma remitirá aos centros educativos o material necesario para participar. Os debuxos deberán presentarse no papel oficial facilitado por Cosma aos coles.
Ata cando? O prazo de presentación é o comprendido entre o 22 de marzo, data do Día Mundial da auga, e o 30 de abril del 2013.
O premio? Porque claro, se hai un concurso, haberá premio, non si?
- Hai dous premios individuais: unha tablet para cada nen@ que gañe, unha por ciclo;
- ademáis haberá catro premios para @s finalistas: catro xogos "Ecosistema" cos que poderán analizar a calidade da auga, cultivar prantas, xerar choiva...;
- e un Premio Colectivo, consistente nunha lousa dixital interactiva, que se sorteará entre os centros con máis participación.
O nome dos gañadores publicarase na oficina de Cosma o vindeiro 27 de maio.
Atent@s nas escolas!! Preparade as cores!! Toca debuxar por un futuro mellor!