O Concello de Narón está a promover Cursos de Informática na zona rural, incluídos na programación CEMIT.
Se celebrarán nos locais sociais municipais de:
- Castro
- Doso
- Pedroso
- San Xiao
- Sedes
- San Mateo
- O Val
Nestas tres últimas parroquias aínda hai prazas dispoñibles.
Nesta nova edición dos Cursos de Internet no Rural, ofértanse tres especialidades diferentes, todas elas de carácter gratuíto:
- Iniciación ó power point (25 horas)
- Iniciación ó web mail (25 horas)
- Informática na nube (10 horas)
Existen 10 prazas dispoñibles para cada curso, que se levarán a cabo entre os meses de marzo e abril.
As persoas interesadas podedes informarvos e inscribirvos directamente nos locais sociais de cada parroquia.