O prazo de inscrición para a sexta andaina do programa municipal “Ponte en ruta con nós” está aberto!
Os participantes realizarán un percorrido duns dezaseis quilómetros polo precioso tramo dos “Camiños milenarios do Val”. A saída da andaina será o 24 de abril ás 9:30 horas, os participantes deberán atoparse no pavillón polideportivo da Gándara.
Todos aqueles interesados en participar, deberán apuntarse no pavillón polideportivo da Gándara, aberto de 9:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:30 de luns a xoves e os venres de 9:00 a 13:00. Tamén podedes descargar a ficha de inscrición ao pé desta nova.
- O último día para apuntarse, no caso de que queden prazas dispoñibles, será o 20 de abril.
- O prezo de inscrición é de tres euros, que inclúen os gastos de transporte en autobús ata o punto de partida e de volta ao polideportivo.
Os camiñantes realizaran unha parada de descanso e ademais recibirán un agasallo.
O programa municipal “Ponte en ruta con nós”, organizado polo Concello de Narón e a empresa Arasti Barca, inclúe outras dúas andainas que serán os días 22 de maio e 26 de xuño.
Agardámosvos!
Documento | Tamaño |
---|---|
DEP01_Iscricion_Actividades_Deportivas.pdf | 146.21 KB |