Cant@s artistas musicais andan por Narón? Estade atent@s!
A Concellería de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela convocou a VI edición de Música Xove´13, que ten a intención de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da xuventude.
Dende o 2008 existe este certame que está aberto non só as bandas e solistas da cidade de Compostela, senón que pode participar calquera que desenvolva a súa actividade en Galicia.
Queredes participar? Estas son algunhas das normas:
- A media de idade das persoas da banda ou solistas ten que ser de 35 anos ou menos
- Tedes ata o 8 de novembro para solicitar a inscrición.
- As solicitudes deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago en persoa ou por correo.
- Os/as participantes non poderán ter ningún disco editado, maqueta ou produto similar con selos discográficos ou productoras
Que podedes acadar? Hai 3 premios:
- Primer premio ao mellor grupo de 1800 €
- Segundo premio de 800 €
- Premio Especial do Xurado de 400 €
Ademais vaise editar un disco coa participación dos catro finalistas desta edición, os dous primeiros grabarán 4 temas cada un, e os dous seguintes 2 temas.
Se queredes información adicional podedes pedila aquí
- o Facebook da Concellería de Xuventude do Concello de Santiago
- o seu twitter: @XuventudeCompos
- nas propias oficinas no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16.
- no teléfono 981543001
- no email: dptoxuventude@santiagodecompostela.org
Deixamos para descarga a folla de inscrición e a normativa completa.
Documento | Tamaño |
---|---|
MUSICAXOVE'13 boletín de inscrición E ANEXOS.pdf | 245.94 KB |
cuadripticoactividades2013_14_pq-1.jpg | 1.72 MB |
cuadripticoactividades2013_14_pq-2.jpg | 601.73 KB |