NOVAS

VI edición do Concurso de rock Deputación de A Coruña

Publicado o 24 de Febreiro de 2014

Xa está aquí! Xa chegou unha nova edición do Concurso de rock da Deputación, tedes as guitarras listas?

Quen pode participar?

Todos aqueles grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por xente nova e que non recibiran premio nalgunha edición anterior.

Ollo! As persoas que integren o grupo non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participan nesta edición do concurso.

Os premios!

Hai premios para os cinco primeiros clasificados:

  • 1º clasificado: 3000 euros
  • 2º e 3º clasificados: 1500 euros
  • 4º e 5º clasificados: 1000 euros

 

Como participar?

O primeiro paso é encher e achegar unha solicitude de participación. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que poderá obterse na web: www.dicoruna.es ou no Rexistro Xeral da Deputación. Xunto co ao impreso enviarase a seguinte documentación:

  • Relación de compoñentes do grupo e instrumentos.
  • Certificacións de empadroamento en calquera concello da provincia da Coruña de, polo menos, un terzo dos compoñentes do grupo.
  • Descrición das súas necesidades técnicas, de montaxe e plano do escenario.
  • Breve biografía do grupo.
  • Dossier fotográfico e de prensa
  • CD ou traballo discográfico, que deberá conter un mínimo de catro temas compostos polo grupo; se o CD tivese máis de catro temas, deberán indicarse os que sexan orixinais do grupo.

 

Este material estará correctamente identificado cos datos do grupo.

Ata cando vos podedes inscribir?

O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de maio do 2014

Necesitades máis información?

Podedes consultar as bases e o historial dos gañadores do premio aquí: http://www.dicoruna.es/cultura/premios/rock

Rock n´roll baby!