Este fin de semana temos unha nova cita co deporte, e concretamente co fútbol, no Estadio Municipal de Río Seco: VI Torneo Internacional "Cidade de Narón" de Fútbol Base.
Este fin de semana temos unha nova cita co deporte, e concretamente co fútbol, no Estadio Municipal de Río Seco: VI Torneo Internacional "Cidade de Narón" de Fútbol Base.
Os clubes participantes nesta competición internacional con os seguintes:
COMPETICIÓN ALEVÍN:
- F.C. Porto
- Club Atlético de Madrid
- Athletic Club de Bilbao
- Real Oviedo
- Narón Balompé Piñeiros
- S.D. O Val de Narón
- S.C.D.R. Galicia de Caranza
- Escola de Fútbol Amistade.
COMPETICIÓN BENXAMÍN:
- Narón Balompé Piñeiros
- S.D. O Val de Narón
- Montañeros C.F.
- F.C. Ortigueira
- C.D. As Pontes
- C.C.R.D. Perlío.
O torneo está organizado polo Club Balompé Piñeiros, en colabotación co Padroado de Deportes do Concello de Narón, e a Concellería de Turismo. O director deportivo do Torneo, Carlos Castro declarou na presentación: "...é punteiro na comarca, e que ademáis contribúe a xerar ilusión, que fai moita falta nestes momentos de pesimismo a nivel social, debido á crise económica que estamos a atravesar."
A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, indicou que nos dous días do torneo pasarán por aquí máis de 3000 persoas que deixarán unha importante pegada no sector hosteleiro naronés. A ocupación hoteleira para este fin de semana agárdase que sexa moi alta xa que 4 dos equipos que van participar neste torneo son de fora da bisbarra, polo que van quedar a durmir no noso Concello.
"Dende aquí quero animar a tódalas persoas de Narón e comarca a acudir a presenciar os partidos” declarou Natalia Hermida, ó tempo que agradeceu ó Narón Balompé Piñeiros o traballo que está a facer “na organización dun torneo tan importante a nivel deportivo como é este”.
Canto vai costar entrar? O prezo das entradas será o seguinte:
- Nenos/as ata 10 anos de idade: gratis
- De 10 a 18 anos: 1 euro
- Maiores de 18 anos: 5 euros
Haberá algo máis? A organización sorteará balóns e camisetas firmados por xogadores de fútbol de 1ª división. O torneo estará amenizado por un coñecido speaker do mundo deportivo, e ademáis será retransmitido pola TVG 2.
Só fútbol? Non! Nos descansos entre partidos, o VI Torneo Internacional de Fútbol Alevín e Benxamín estará amenizado por Eva Castro, gañadora do Concurso de Monólogos en Lingua Galega "Que me dis!" organizado polo Concello de Narón.
Os horarios? Os partidos disputaranse entre o sábado 15 e o domingo 16, en horario de mañá e de tarde.
Se queredes ver aos equipos antes... haberá unha presentación pública dos equipos que participan neste torneo, o sábado 15 de xuño no Hotel Husa Odeón (ás 21:30 horas), segundo comentou o responsable da organización do Torneo, Juan Ramos.
Adxuntamos o díptico do torneo para que teñades toda a información.
Documento | Tamaño |
---|---|
Calendario torneo.pdf | 49.08 KB |
ATT00007.pdf | 298.95 KB |