NOVAS

"VIII Concurso de Debuxo Infantil de COSMA": Luna Muíño López e Alejandro Álvarez Permuy, gañadores

Publicado o 05 de Xullo de 2016

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu onte o acto de entrega de premios aos gañadores da oitava edición do Concurso de Debuxo Infantil convocado pola empresa mixta de augas da localidade, Cosma.

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu onte o acto de entrega de premios aos gañadores da oitava edición do Concurso de Debuxo Infantil convocado pola empresa mixta de augas da localidade, Cosma.

O ciclo da auga, unha aventura para valentes” foi o lema elixido para a actual edición, na que participaron un total de 220 escolares dos centros educativos da localidade. Á entrega de premios acudiron, ademais do rexedor local e dos galardoados xunto cos seus familiares, o edil de Servizos, Ibán Santalla, e o xerente de Cosma, José Manuel Marcote. Os representantes municipais e da empresa felicitaron aos premiados en particular e, en xeral, a todos os participantes e aos seus pais, nais e profesorado dos centros educativos que se implican ano tras ano nesta iniciativa. 

 

  • Na modalidade de alumnado de terceiro e cuarto curso de educación Primaria a gañadora foi Luna Muíño López, de terceiro curso do CEIP da Gándara. Resultaron finalistas Martín Pita Vilela, de cuarto curso do CEIP Piñeiros, e Grecia Vilas Grueiro, de terceiro curso do CPR Jorge Juan.
  • No apartado dirixido a rapaces e rapazas de quinto e sexto de Primaria o gañador foi Alejandro Álvarez Permuy, de quinto curso do CPI do Feal. Os finalistas nesta modalidade foron Jorge Piñeiro Campaña, de quinto do CPR Santiago Apóstol e Eva López Veiga, de quinto curso do CEIP Piñeiros. 

 

Cal foi o premio? Os dous gañadores recibiron como premio unha Tablet Samsung 7´´ cada un e os catro finalistas unhas cámaras dixitais acuáticas.

O xerente de Cosma recordou que entre as finalidades da convocatoria estiveron un ano máis expresar a través dun debuxo o ciclo completo da auga desde a súa captación, tratamento, distribución e o tratamento de augas residuais. Pola súa parte, o edil de Servizos destacou a importancia de concienciar á cidadanía “sobre un uso responsable deste preciado ben natural en particular, así como doutros recursos naturais”, agradecendo a colaboración dos nenos e nenas nas tarefas de difusión deste necesario compromiso sobre o coidado e o respecto ao medio ambiente.