A “VIII Mostra de Teatro Amador” continúa desenvolvéndose este mes na zona rural da localidade.
Nesta ocasión as representacións sucederanse os domingos, ata o 5 de xuño, nas instalacións da Pombiña, en Pedroso. O Padroado da Cultura de Narónconvoca esta actividade, de balde, co fin de achegar o teatro aos veciños e veciñas que residen na zona rural de Narón, tal e como recordou a vicepresidenta do organismo e edil de Cultura, Marián Ferreiro. Este domingo, día 22, representarase “Non hai ladrón que por ben non veña”, a cargo do Obradoiro de Teatro da Fundación Terra de Trasancos, do Val. Silvia Casal é a encargada das adaptacións e da dirección desta obra.
Os espectáculos previstos no programa a desenvolver en Pedroso con cargo a este ciclo, que xa se levou a cabo na parroquia de San Xiao, continuarán o vindeiro 29 de maio, coa obra “A creación”, do Obradoiro de teatro de Piñeiros e dirixida por Maite Costa. A última cita desta mostra na citada parroquia será o 5 de xuño, co espectáculo “Quen vai á guerra?”, do grupo de teatro da Pombiña, dirixido por Betty Couce.
- Todas as representacións previstas no programa comezarán ás 19.00 horas.
a