NOVAS

Visita ao Concello de Narón da Vicerreitora do Campus de Ferrol

Publicado o 05 de Febreiro de 2014

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu no Concello a visita institucional da Vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres Miño.

O Alcalde valorou de forma moi positiva esta visita, xa que é a primeira que se produce dende hai 5 anos, aínda que hai contactos entre as dúas institucións a través da Fundación Río do Pozo.

Segundo explicou José Manuel Blanco, tratáronse diferentes posibilidades de colaboración entre as dúas entidades:

  • renovación do convenio para a bonificación do Bono-Bus Universitario, convenio xa existente disfrutado por unha media de 30 persoas de Narón, que reduce o prezo do billete ao 50%.
  • adaptación do hospital Novoa Santos a usos universitarios, en virtude dun protocolo de colaboración asinado entre a Universidade de A Coruña (UDC), o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia, no que o Concello de Narón tamén estaría disposto a entrar.
  • continuar a colaboración para desenvolver programas de emprego ou de formación entre o Concello de Narón e o Campus de Ferrol da UDC.