Cantos de vós sodes de campo? Pois se cadra, interésavos a IV Feira da Maquinaria Agrícola, Xardinería, Horta e Árbores Froiteiras e Ornamentais que se vai celebrar os días 23 e 24 de marzo no Recinto Feiral do Trece. Esta feira está organizada pola Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón.
Se queredes ir dar unha volta, tede en conta o horario: de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas.
Non vos costa nada só chegar ao recinto porque a entrada é de balde. Ademáis vanse sortear diferentes agasallos entre os asistentes ao longo dos dous días.
E se chove? Non vos preocupedes polo tempo, está todo baixo control. A organización ten xa cubertos os 800 metros cadrados da nave do Trece, e tamén a superficie exterior. O clima non pode coa xente de Narón!
Os expositores confirmados son os seguintes:
- Talleres Casiano;
- López Golpe, S.L.;
- Floristería Peonía;
- Vivero Ártabro;
- Viforsa, S.L..;
- Macgyver;
- Cooperativa de O Val;
- Floristería La Vie en Rose;
- Xardín Fene;
- e Fermaco.
Os participante proceden de diferentes municipios da provincia: Valdoviño, Vilarmaior, Carral, Órdenes, Culleredo, Narón, e Fene.
Xa soan os tractores!! Brrrrrummmmm!!!