Tres deles serán acollidos por outras tantas familias naronesas!
Os familiares dos oito nenos e nenas saharauis que pasarán os vindeiros dous meses nos concellos de Narón, As Pontes, San Sadurniño e Cariño recibiron onte aos menores no Concello de Narón.
Tres deles serán acollidos por outras tantas familias naronesas!
Os nenos e nenas participan no programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui e no que colaboran economicamente varios concellos da zona, entre eles o noso. Narón mola!
Sabedes por que os convidamos? Hai varios motivos:
- Un dos obxectivos desta convocatoria é afastar aos menores das elevadas temperaturas que se rexistran no verán nos campamentos arxelinos de Tinduf. Vós tedes calor nestes días? Pois alí se poden chegar a superar os 50 graos.
- Outro dos motivos e facilitarlles o acceso a revisións médicas.
Como todo convidado e convidada deste concello, os menores asistirán o vindeiro luns a unha recepción oficial, onde se lles entregarán uns agasallos.
- Sede benvidos e benvidas. Agardamos que pasedes un bo verán entre nós!