NOVAS

A “XI Concentración Moteira Cidade de Narón” e as “VI Xornadas de Turismo Activo” desenvolveranse os días 3, 4 e 5 de xuño na localidade

Publicado o 26 de Maio de 2016

O paseo marítimo de Xuvia acollerá os días 3, 4 e 5 de xuño a “XI Concentración Moteira Cidade de Narón” e as “VI Xornadas de Turismo Activo”, eventos organizados polo Motoclub Fojeteiros coa colaboración, entre outras entidades, do Concello de Narón.

O edil de Deportes, Román Romero, presentou esta mañá a convocatoria acompañado polo presidente de Fojeteiros, José López Quintián, por Vanesa GalasoRaquel García, vocal e tesoureira, respectivamente, deste motoclube.

A organización confía en alcanzar as cincocentas inscricións de moteiros, unha cifra similar á de edicións anteriores. A convocatoria terá un apartado solidario, ao colaborar un ano máis cunha recollida de tapóns de plástico,para a iniciativa “Alba, la promesa”, coa que se recaudan fondos para loitar contra o cancro infantil.

A inauguración da convocatoria será o día 3 ás 18.00 horas, coincidindo coa apertura de inscricións e cun Mercadillo Moteiro no que se venderán diferentes artículos relacionados co mundo das motos. No paseo de Xuvia instalaranse atraccións infantís e baixo unha carpa haberá unha cea, a partir das 21.00 horas, a base de “callos á galega” e desde as 22.00 horas un concerto a cargo de La Banda de Nash, Zentholos e Riff-Raff

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo o venres e o sábado, abonando unha tarifa de 35 euros polos tres días (incluíndo a cea do venres, o xantar e a cea do sábado e o almorzo do domingo) ou 30 euros no caso de inscribirse para o sábado e o domingo (incluídos o xantar, unha cea e un almorzo). As persoas que tan só desexen asistir ás comidas e ceas programadas poden facelo abonando unha cuota específica para as mesmas: 10 euros pola cea do venres; 10 euros polo xantar do sábado; 15 euros pola cea do sábado e 15 euros polo almorzo do domingo.

A apertura de inscricións do sábado será ás 10.30 horas. Ás 11.00 sairá a Ruta mototurística desde o paseo cara a Cedeira e San Andrés de Teixido e ás 14.00 horas realizarase unha parada para un xantar na ruta, na área recreativa do Castro, en Cerdido, a base de paella e pizza, para regresar de novo a Xuvia sobre as 16.00 horasÁs 17.00 terá lugar unha exhibición de trial a cargo de Víctor Ares e Jorge Muñiz e ás 21.00 comezarase a servir a cea baixo a carpa, cun menú a base de churrasco e criollos e entregaranse os trofeos aos participantes.

O tradicional “Desfile de antorchas” pola estrada de Castela, entre o paseo de Xuvia e a Ponte das Cabras, sairá ás 23.30 horas pero sobre as 23.00iniciarase o reparto de bandeirolas entre o público polo citado tramo. A gran festa moteira programada para o sábado será a cargo de Dreamers Dj´s.

5 de maio ás 10.00 servirase un almorzo baixo a carpa e ás 11.00 partirá a Ruta mototurística pola Costa Ferrolá, con “pinchada” no percorrido. O xantar baixo a carpa de Xuvia a base de langostinos á prancha e xamón escaldado será ás 14.30 e ás 15.00 horas comezarán a sortearse agasallos entre os participantes e ás 16.30 horas, proceder á clausura desta edición da concentración moteira.

O presidente do Motoclub Fojeteiros explicou que xeralmente se concentran na cidade durante este evento unhas 2.000 motos, o que supón a maiores contar cun público, indicou, que pode alcanzar as 10.000 persoas. O edil de Deportes naronés destacou o éxito desta convocatoria que, asegurou, “ademais de reunir ano tras ano na nosa localidade a moitísimos afeccionados e afeccionadas ao mundo do motor, é unha excelente oportunidade para dar a coñecer o noso concello e a nosa comarca”.

Para as persoas interesadas en recibir máis información ou inscribirse: