As instalacións municipais da Feira do Trece albergarán nesta 11ª edición a máis dunha treintena de productores ecolóxicos procedentes de toda Galicia, que exhibirán e venderán verduras, legumes, froitas, lácteos, ovos, carnes, doces, mel, algas e cosméticos.
A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ultima os detalles para a organización da XI Feira do Mel e dos Productos Ecolóxicos que se desenvolverá o domingo 30 de outubro no Recinto Feiral do Trece (Sedes). Este evento está organizado conxuntamente coa empresa Terranova- que xestiona o parque temático de Aldea Nova- e conta coa colaboración da Asociación Galega de Apicultura (AGA).
As instalacións municipais da Feira do Trece albergarán nesta 11ª edición a máis dunha treintena de productores ecolóxicos procedentes de toda Galicia, que exhibirán e venderán verduras, legumes, froitas, lácteos, ovos, carnes, doces, mel, algas e cosméticos.
A Feira se celebrará en horario de mañá (de 10 a 14 horas) e tarde (de 16 a 20 horas) e ó longo deste tempo, os visitantes poderán coñecer a rica oferta dos postos de venta, e disfrutar dunha degustación de pan e queixo ecolóxicos con mel da zona. Como en edicións anteriores, tamén haberá un espacio especialmente destinado á formación dos apicultores, con dous interesantes charlas sobre este tema, impartidas por figuras de talla internacional.
Con estos ingredientes, a Feira do Mel e dos Productos Ecolóxicos pretende un ano máis convertirse nun escaparate para os productores ecolóxicos galegos, en un referente para os clientes que demandan productos que compatibilicen propiedades organolépticas superiores e alimentos máis saudables.