Hoxe venres día 29 inaugurase o evento antropolóxico cultural do Oenach Atlántico cunha recreación teatral ó aire libre, que contempla unha recreación musealizada e posta en escena dunha secuencia de vida nas aldeas castrexas.
Hoxe venres día 29 inaugurase o evento antropolóxico cultural do Oenach Atlántico cunha recreación teatral ó aire libre, que contempla unha recreación musealizada e posta en escena dunha secuencia de vida nas aldeas castrexas.
Esta pequena recreación escénica que durará aproximadamente 20 minutos dentro da aldea castrexa, incorporará a cerimonia de acendido de lumes do Oenach e a presentación de estandartes de entidades participantes convidadas, especializadas en recreacións históricas como son a entidade Terra Copora de Lugo, Xinzo de Limia, Yecla de Salamanca e Grupo de Traballo de Sedes.
Esta recreación que se iniciará as 22:30 porque necesita xogar coa escuridade da noite para traballar os sons naturais da terra, e a iluminación natural de lume, irá seguida da degustación dun caldo limpo para tódolos asistentes e das actuacións musicais dos acordeonistas que darán contido a noite de música galiciana que se desenvolverá ata ben pasada a media noite.
O grupo de teatro comunitario de Sedes dará estrutura e contido a esta recreación escénica dentro da aldea castrexa, que este ano contempla unha serie de recreacións musealizadas de fornos, pendellos e pallozas grazas a unha subvención obtida pola Asociación de Veciños Rosa dos Ventos da Deputación da Coruña.
Así mesmo, o sábado día 30 realizarase un evento novedoso a nivel autonómico, no que o grupo de traballo de Sedes ten posta moita ilusión porque entende que é un primeiro paso para organizar unha rede de organizacións do mundo rural para materializar e visibilizar a realidade dunha nova aldea rural pero con un nivel de vida de calidade e desenvolvido a nivel de servizos e recursos, de maneira sustentable.
Polo tanto o foro galiciano de asociacións rurais contará con 20 asociacións de tódalas provincias galegas, procedentes das zonas rurais, e que traballan en diversas facianas da realidade rural: reivindicación de servizos de educación, sanidade, transporte; recuperación das sinais identitarias dos modos de vida rurais; divulgación das iniciativas económicas para o desenvolvemento dos recursos naturais de maneira sustentable, fomento da artesanía e do pequeno comercio rural, etc.
Este primeiro foro de asociacións rurais, se concretará en tres sesións de traballo o longo dos 3 días onde se darán a coñecer, presentarán as súas iniciativas mutuas, debatirán sobre a necesidade de constituír una rede estable e finalmente se concitarán para un segundo foro cara a finais de ano. O grupo de traballo de Sedes, promotor desta iniciativa, presentará unha pequena ponencia marco na que exporá a súa visión da realidade rural e o seu programa estratéxico de traballo. Nesta edición participarán un total estimado de 50 membros de directivas das entidades cunha media de dúas persoas por asociación. O grupo de traballo de Sedes ten previsto un segundo foro que coincidirá cós actos do ateneo aldeano e da noite da luz no mes de decembro para darlle continuidade a esta iniciativa.
O Concello de Narón, cofinanciador -xunto co grupo de traballo de Sedes- do Oenach Atlántico salienta e pon de exemplo esta iniciativa, de grande calidade para o desenvolvemento comunitario e sociolóxico, e que da contido para que estes eventos de curte etnográfico, antropolóxico, educativos, culturais, conviven axeitadamente as dimensións lúdicas, de lecer, cun adecuado traballo de fomento da cultura.
Dende o Concello de Narón realízase unha forte aposta por manter este evento, coa redución orzamentaria correspondente, por razón da crise actual animando ó grupo de traballo de Sedes para continuar nesta liña de investigación e divulgación da didáctica do patrimonio antropolóxico e cultural baseado no desenvolvemento socioeconómico.