NOVAS

XOGOS SOLIDARIOS ONG LENA

Publicado o 20 de Setembro de 2013

Nova cita cos xogos convocada pola ONG LENA!

Estamos todos e todas convidad@s a acudir a 14ª edición dos Xogos Solidarios ONG Lena, que terá lugar o vindeiro sábado día 21 de setembro, a partir das 16:30 horas, na Praza de Galicia de Narón.

Haberá xogos para todas as  idades:

  • Brilé
  • pano
  • chapa
  • corda
  • zancos
  • aros
  • carreiras de sacos
  • tiro de corda
  • baloncesto 3X3
  • futbolín
  • tiro con arco
  • xogos infantís
  • e un obradoiro onde poderás construír o teu propio xoguete.

 

Haberá regalos para tod@s ao remate da xornada, alá polas 19:00 horas! Deste xeito dende ONG LENA (http://onglena.wordpress.com) queren agradecer a nosa presenza.

Non podedes faltar! Se chove, vémonos no Pavillón da Mocidade da Gándara