Hoxe, 23 de novembro celébrase o do Día da Biblioteca, a que non o sabíades?
Hoxe, 23 de novembro celébrase o do Día da Biblioteca, a que non o sabíades?
As instalacións da Biblioteca Municipal do Alto acollerán unha Xornada de Portas Abertas na que se vai facer unha visita guiada por todo o edificio.
A que horas? Haberá 2 quendas:
- Pola mañá (adultos) de 11:00 a 12:00 horas
- Pola tarde (público familiar): de 18:00 a 19:00 horas
Nesta visita poderedes acceder ós espazos de traballo interno e coñecer de primeira man as tarefas que neles se levan a cabo a cotío. Ademais, ofreceranse nocións básicas sobre a organización do fondo e os servizos que se prestan.
As persoas interesadas en participar deberán reservar praza nunha das dúas quendas, ben de maneira presencial, na propia Biblioteca, ou por teléfono (981 38 21 73). O número máximo de participantes é de 20 persoas por quenda, pero no caso de haber moita demanda, poderase aumentar o número de quendas.
Outras actividades
A Biblioteca Municipal do Alto acolle neste momento outras actividades:
- Unha delas é a exposición da obra de Manuel Álvarez Torneiro, un escritor coruñés que recibíu o Premio Nacional de Poesía 2013.
- Ademais estase desenvolvendo o Programa de Audicións Musicais de Giuseppe Verdi, con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. En que consiste esta actividade? Pois en que tanto nos primeiros intres tras a apertura como nos derradeiros antes do peche (na mañá e na tarde) escoitanse uns minutos de diferentes obras de Verdi.
- E non nos podemos esquecer de que ata finais de mes permanecerá aberta ao público a exposición "Maquila Boutique" da ONG Implicadas no Desenvolvemento. Unha exposición que conta con 14 paneis e 15 pezas de roupa coas que se denuncia a explotación laboral por parte das empresas nos países do sur.