O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, xunto cos alcaldes de Ares e Mugardos e o presidente da Mancomunidade (Julio Iglesias, Xose Manuel Barcia e José Manuel Rey) presidirán a inauguración da Xornada de Promoción do Emprendemento, que organizará a Mancomunidade o vindeiro martes 6 de maio no Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol).
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, xunto cos alcaldes de Ares e Mugardos e o presidente da Mancomunidade (Julio Iglesias, Xose Manuel Barcia e José Manuel Rey) presidirán a inauguración da Xornada de Promoción do Emprendemento, que organizará a Mancomunidade o vindeiro martes 6 de maio no Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol).
Esta xornada organízase por terceiro ano consecutivo por parte da Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra, en colaboración coa Deputación de A Coruña. Para abordar o tema do emprego e o emprendemento, contarase con profesionais do asesoramento a emprendedores, que compartirán coñecementos e experiencias cos participantes.
O programa da Xornada “Ferrolterra non pode emprender sen ti” é o seguinte:
MAÑÁ
- 08:45 Entrega de documentación e acreditación
- 09:15 Inicio e presentación da xornada
- 09:30 Accións do Plan de Impulso e Coordinación de Servizos de Apoio a Emprendedores
- 10:00 Presentación das conclusións e recomendacións do estudo realizado
- 10:30 Cara a Cara ‐ Pausa
- 11:00 Boas prácticas: Cersia Empresa (Santiago de Compostela)
- 11:45 Boas prácticas: Centro Municipal de Emleo de Gijón (Gijón)
- 12:30 Boas prácticas: Barcelona Activa (Barcelona)
- 13:15 Mesa de conclusións
TARDE
- 15:45 Acreditación
- 16:15 Salario emocional. Como pagar mais con menos (Marcela Parga)
- 16:45 Microemprendemento: economía de supervivencia e novas tecnoloxías (María Ramos)
- 17:15 O equipo de rugby: estratexias de colaboración (Francisco Usero)
- 17:45 Cara a Cara ‐ Pausa
- 18:00 Non me entenden! Como mellorar a comunicación cos nosos asesorados (Daniel Álvarez )
- 18:30 Co tempo nos talóns. Como mellorar a xestión do meu tempo (Mario López Guerrero)
- 19:00 Que vos levades? Conclusións e peche
Para inscribirte, pódelo facer directamente dende a seguiente ligazón: http://comarcaferrolterra.wordpress.com/
Documento | Tamaño |
---|---|
plandeimpulso-02-3.pdf | 1.25 MB |