NOVAS

Xornadas de asesoramento para iniciativas de emprego: Arrinca 2013

Publicado o 21 de Outubro de 2013

O Concello de Narón colabora nas primeiras xornadas de asesoramento para iniciativas de emprego na zona, denominadas “Arrinca Narón 2013”. A presentación tivo lugar a pasada semana.

O Concello de Narón colabora nas primeiras xornadas de asesoramento para iniciativas de emprego na zona, denominadas “Arrinca Narón 2013”. A presentación tivo lugar a pasada semana.

De que vai? Son unhas xornadas para apoiar o desenvolvemento de novas iniciativas de emprendemento na zona. Nace coa finalidade de axudar á xente cunha idea de  negocio, para que poida desenvolvela e facela realidade. Os futuros emprendedores poderán asesorarse, contrastar a súa idea de negocio e buscar posibles socios e socias.

O obxectivo de Arrinca é reunir a persoas con distintos perfís profesionais ou aptitudes persoais para colaborar, desinteresadamente, sobre os proxectos participantes nos distintos eventos. Deste xeito, preténdese favorecer a posta en marcha de novos negocios, a creación de postos de traballo e a mellora económica.

Teñen cabida como beneficiarios deste proxecto tanto as persoas cun proxecto empresarial que precisa ser contrastado ou mellorado, como as PEMEs que xa están en funcionamento pero que buscan axuda para optimizar ou modernizar o seu modelo de negocio.

Cando? As xornadas están previstas para os días 8 e 9 de novembro.

Onde? No salón de actos da Cooperativa do Val.

En que consisten? Varias persoas, con experiencia, ofrecerán os seus coñecementos para asesorar a quen se inscriba na actividade para axudar a madurar as ideas de proxectos que lles presenten.

Ollo, as prazas están limitadas! As persoas interesadas en participar terán que inscribirse nas web: http://arrinca.org. O importe das inscricións é de 15€ para os participantes que colaboran nos proxectos doutras persoas, e de 30€ para os participantes que presenten un proxecto propio.

O programa destas xornadas é o seguinte:

Venres 8 de novembro (de 16:30 a 20:30 horas)

  • 16:30 horas: Presentación do evento
  • 17:00 horas: Dinámicas interpersoais
  • 18:00 horas: Descanso
  • 18:30 horas: Presentación de proxectos
  • 20:00 horas: Formación de grupos de traballo

 

Sábado 9 de novembro (de 10:00 a 20:00 horas)

  • 10:00 horas: Traballo en grupos
  • 11:30 horas: Descanso
  • 12:00 horas: Traballo con mentores
  • 13:30 horas: Presentación informativa da Cooperativa de O Val
  • 14:00 horas: Comida
  • 16:00 horas: Traballo en grupos
  • 17:00 horas: Descanso
  • 17:30 horas: Conclusións
  • 19:00 horas: Posta en común e peche do evento

 

Na presentación destas xornadas dende o Concello de Narón destacaron a importancia de celebrar un evento destas características: “O Concello non é alleo ó espírito emprendedor e por iso non podíamos deixar pasar esta oportunidade”, sinalou Pablo Villamar, Concelleiro de Promoción Económica de Narón. Mª del Mar Gómez, Concelleira de Formación Laboral e Emprego, felicitou ós organizadores de Arrinca Narón 2013, sinalando que “esta é unha idea novidosa e dende o Concello estamos abertos á colaboración e queremos que se repita esta iniciativa tódalas veces que sexa preciso”.

Para máis información, pódese consultar a web do evento: http://naron.arrinca.org