Sodes emprendedores/as no sector do turismo? Se a resposta é afirmativa, seguide lendo porque o Concello de Narón organiza unhas xornadas TIC relacionadas co turismo.
A concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Natalia Hermida, anima aos empresarios e empresarias do sector a participar nas Xornadas de Novas Tecnoloxías para empresas turísticas da comarca de Ferrol, “debido á importancia que teñen as novas tecnoloxías na actualidade para o posicionamento das diferentes compañías”, según indicou a propia Natalia.
O obxectivo desta convocatoria é subliñar a importancia das TIC´s nas compañías do sector turístico de Ferrolterra, dotándoas dos coñecementos necesarios para buscar proveedores de servizos TIC e axudalos a recoñecer a proposta máis beneficiosa en función do seu negocio.
- A convocatoria terá lugar este mércores, día 23, no Centro de Negocios Arena 76, na zona de Odeón (A Gándara), entre as 17.00 e as 21.30 horas.
- A participación neste acto é gratuíta, sendo preciso confirmar asistencia a través do mail: coordinacion@turismoferrolterra.es ou chamando ao número de teléfono 698 181 717.
Nas xornadas analizarase a presenza en internet e nas redes sociais de cinco negocios participantes.
A importancia dunha imaxe homoxénea do negocio, a adaptación das páxinas web a móbiles e tablets e as plataformas de promoción dos negocios serán algúns dos temas a abordar.
Ao remate das mesmas os participantes coñecerán:
- Os beneficios que poden aportar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC´s)
- As alternativas á hora de decidir en que opcións investir recursos e tempo
- Os erros máis habituais e as fórmulas para corrixilos.
Interesante, non si?