NOVAS

Xornadas de Viveiro de Talento 2016: proceso de selección

Publicado o 05 de Setembro de 2016

A Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC) convoca as xornadas técnicas deo proxecto Viveiro de Talento 2016.

Trátase dun programa de inserción laboral por conta propia ou allea para menores de 30 anos, que non estean nin estudando nin traballando, pero si incluídos no Sistema de Garantía Xuvenil.

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e inclúe:

  1. Formación.
  2. Tablet.
  3. Asesoramento gratuíto e personalizado.
  4. Orientación para a busca de emprego.
  5. Prácticas en empresas.

Ademais a CEC comprométese a fomentar a inserción laboral das persoas participantes entre empresas da Confederación.

Para entrar no proceso de selección de Viveiro do Talento 2016 é obrigatorio asistir a algunha das seguintes xornadas:

Se estás interesada/o podes formalizar a inscrición na pestana Contacto, da web da CEC

Se precisas máis información podes chamar ao teléfono 981174141 ou escribir un correo electrónico a vivero.talento@cec.es.