O premiado conversou animadamente co rexedor local e co edil Guillermo Sánchez Fojo, aos que lles confesou a súa paixón polo fútbol sala e polo equipo do que forma parte, o Cidade de Narón.
Quedaranos un trofeo por entregar na Gala do Deporte celebrada a finais do 2015! Pero o pasado día 16, o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no Concello a Marco Cagiao Rodríguez, xogador do Cidade de Narón e gañador do premio ao Mellor Deportista de Base de Fútbol Sala no ano 2015.
Marco recibiu de mans do alcalde un trofeo conmemorativo e uns agasallos institucionais! Debido a un erro non se lle entregou o premio durante o transcurso da XXVII Gala do Deporte de Narón.
O premiado conversou animadamente co rexedor local e co edil Guillermo Sánchez Fojo, aos que lles confesou a súa paixón polo fútbol sala e polo equipo do que forma parte, o Cidade de Narón.
Blanco felicitou a Marco Cagiao polo premio obtido e animouno a continuar xogando ao fútbol sala para seguir recibindo distincións como a entregada pola súa disciplina e bo facer nesta modalidade deportiva.