NOVAS

A Xunta crea unha oficina virtual na que informar á xuventude sobre os seus recursos e programas

Publicado o 02 de Agosto de 2022

Esta oficina virtual atópase na páxina web de Xuventude, onde tamén se atopan recopiladas o resto de iniciativas que o Goberno galego ten destinadas á mocidade.

Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude, anunciou a creación dunha oficina virtual de orientación para a mocidade. Esta iniciativa, que xa está disponible na web de Xunventude, terá como principal ferramenta un mapa de recursos que recopilará os programas postos en marcha polos distintos departamentos do Goberno galego en ámbitos como a educación, o empleo, a mobilidade, a igualdade, o ocio... Ademais, nesta oficina tamén se poderá atopar un canal electrónico de asesoramento individualizado para todo-los mozos e mozas de Galicia.

A conselleira recordou que A Xunta pon a disposición da xuventude, programas e iniciativas que lles permitan impulsar novos proxectos persoais. Un exemplo de este programa é o Xuventude Mentoring, que conseguiu que 200 mozos e mozas tiveran a súa primeira experiencia laboral o ano pasado; o programa Xuventude Crea, un certame de creadores novos que pretende estimular e apoiar á imaxinación, á creatividade e á innovación; o Carné Xove ou os Espazos Xoves.

A conselleira quixo resaltar o papel de asoaciacións xuvenís e entidades locais como colaboradoras fundamentais para darlle máis oportunidades á xuventude, e comprometeuse a seguir traballando para garantizar que os mozos e mozas podan seguir desenvolvendo todo o seu potencial.

Mapa de Recursos Xuventude