O programa Xuventude Crea
está convocado para este ano, 2014, pola Consellería de Traballo e Benestar e que inclúe as especialidades de:
- teatro
- artes plásticas
- música
- relato breve
- poesía
- videocreación
- banda deseñada
- graffiti
- carteis
- moda
- e deseño de xoias.
Os destinatarios do programa Xuventude Crea son:
- Mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2014, agás o establecido no capítulo II segundo cada especialidade.
- Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
- Enténdese por profesional para os efectos da presente disposición aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na cal solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dado/a de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
- Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
- A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nesta disposición, e unicamente a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de dez solicitantes previa comunicación a estes/estas.
Para inscribirse:
- A solicitude dos/as participantes deberá facerse no impreso de solicitude (anexo I)
- A esta solicitude xuntarase:
Se é o caso, a obra ou a documentación que corresponda, de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta. Tanto na obra como na documentación citada non figurarán datos que identifiquen o autor ou autora.
Nun sobre pechado en cuxo exterior figurará exclusivamente o título e o pseudónimo do autor ou da autora, e no cal irá o boletín de inscrición (anexo II) debidamente cuberto, xunto coa seguinte documentación:
- Copia do DNI polas dúas caras ou de documento oficial que acredite suficientemente a identidade (se o/a participante é un grupo, será a de todos/as os/as membros do grupo), no caso de que o/a interesado/a ou os/as membros do grupo non autoricen expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (no caso de grupos utilizarase o anexo III)
- No caso de que o/a participante sexa menor de idade, autorización do pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión relacionada con ela.
- No caso dos/as mozos e mozas non galegos/as, residentes en Galicia, ademais do documento oficial que acredite suficientemente a identidade, certificado de empadroamento, no caso de que o/a interesado/a ou os/as membros do grupo non autoricen expresamente a comprobación dos datos por medio do acceso telemático ao sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (no caso de grupos, utilizarase o anexo III)
- Calquera soporte audiovisual que se envíe (CD, DVD...) deberá ter as óptimas condicións de visionado e gravado.
Sobre o prazo de presentación das solicitudes:
- Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de xuño de 2014.
- Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado requirirá a persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de resolución, que será ditada nos termos do artigo 42.
Para máis información: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140507/AnuncioCA05-290414-0001_gl.html