Este concurso xa é unha tradición que cada ano convoca a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Este concurso xa é unha tradición que cada ano convoca a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
O deseño gráfico é unha das túas paixóns? Por que non participas?
- REQUISITOS? Para participar tes que ter entre 18 e 30 anos, residir en Galicia e non ser a persoa gañadora da última edición.
- TEMÁTICA? O tema e a técnica son libres.
- COMO TEÑEN QUE SER AS OBRAS? As obras deben incluír o texto “Programa Xuventude Crea 2016”, e as especialidades que o compoñen: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, relato breve, poesía, teatro e videocreación.
- INDIVIDUAL OU GRUPAL? Admitiranse traballos realizados tanto de forma individual como en grupo.
CONDICIÓNS
- Cada autor/a ou autores/as poderán participar con 2 obras orixinais, inéditas e en galego.
- A obra premiada pasará a ser propiedade da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que adquirirá sobre esta o dereito pleno á súa utilización, reprodución e difusión.
- A citada Dirección Xeral queda facultada para introducir algunha modificación na obra premiada se existira algunha dificultade técnica para a súa impresión ou para introducir algún texto ou logotipo que non figure inicialmente nestas bases.
Que pasa co cartel gañador? O cartel será a imaxe do Programa Xuventude Crea 2016. Ademais poderá utilizarse parcial ou totalmente para deseñar a web e outras iniciativas que considere a organización.
Cómo presentar as obras?
- En formato vertical.
- Cunhas dimensións de 50x70 cm.
- Montadas en superficie ríxida (cartón pluma) que facilite a súa manipulación.
- Hai liberdade de procedemento e de cor.
- Deberán estar feitas en formato dixital para poder facer as modificacións que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado considere oportunas.
- NON poden levar nin o nome nin a sinatura.
Todas as obras irán acompañadas dos seguintes documentos:
- Solicitude de inscrición debidamente cuberta: http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/xuventude_crea/2016/ficha_de_inscricin.pdf
- Ao dorso de cada obra figurará un lema ou pseudónimo que servirá para preservar a identidade do/a artista ata o fallo do xurado: en letras maiúsculas, no exterior dun sobre pechado aparte, sen facer alusión ningunha que permita identificar ao autor/a, sendo causa de exclusión do concurso o incumprimento desta norma.
- No sobre pechado irán os datos do/a artista: nome, apelidos, fotocopia do DNI, idade, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto, ficha explicativa e CD da obra e unha declaración asinada indicando que o traballo é orixinal e inédito.
- Se se apreciasen defectos ou falta de documentación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, requirirase á persoa solicitante para que no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición.
Onde presentar as obras?
- O prazo de admisión das obras estará aberto ata o día 29 de febreiro de 2016 e poderanse enviar por correo postal a:
Concurso deseño do cartel programa Xuventude Crea 2016
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 3º
15781 Santiago de Compostela
Tamén se pode entregar a documentación en calquera rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 h, presentando a solicitude de inscrición para o seu posterior selo de entrada.
Quen decide que obra é a gañadora?
- A composición do xurado farase pública na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.es
- O fallo difundirase mediante unha nota na citada web e por teléfono a partir do día seguinte do fallo do concurso.
-
Antes do fallo do xurado, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá levar a cabo unha exposición dos traballos presentados.
-
O fallo do xurado será inapelable e poderá ser declaro deserto se así o considera este.
Cal é o premio?
- O/a autor/es/as da obra gañadora recibirá un único premio de 500 euros. Esta cantidade estará suxeita á lexislación vixente, aplicándose sobre a dita cantidade as retencións legalmente establecidas.
- A entrega do premio farase mediante transferencia bancaria ao número de conta que facilite o gañador/a.
Quen coida das miñas obras?
- A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado porá o máximo coidado nas obras recibidas, pero declina toda responsabilidade de perdas, roturas, roubos, furtos ou danos nas obras por razón de forza maior ou calquera outra causa allea á súa vontade, tanto nos actos de recepción e devolución como durante o tempo que estean baixo a súa custodia.
Para retirar as obras non gañadoras:
- Persoalmente.
- Mediante delegación, por escrito, noutra persoa no lugar onde foron entregadas, no prazo de 30 días que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do/a gañador/a na web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
As obras non premiadas que non foran retiradas polas persoas interesadas no prazo establecido, pasarán á libre disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
A participación neste concurso implica de forma automática a plena e total aceptación, sen reservas, das presentes bases.
Dúbidas? Máis información?
- Se tes dúbidas ou precisas máis información mediante contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nos teléfonos 981 541 689, 981 545 702 e 981 545 937; e no correo roteiros.ctb@xunta.es.