
Está na rúa unha nova edición do certame Xuventude Crea, o Certame galego de Creadores Novos
- Aínda non coñeces Xuventude Crea?
É un certame galego dirixido a mozos e mozas galegos/as residentes en Galicia entre 16 e 30 anos. Este certame ten premios en cada especialidade: primerio de 3000 euros, un segundo de 1500 euros e un terceiro de 1000 euros.
Inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e skate.
- Como participar?
Cada persoa participante poderá presentar unha obra por especialidade ou por modalidade. Tedes ata o día 21 de setembro do 2018 para participar. A solicitude das persoas participantes deberá facerse no impreso de solicitude (anexo I). Que aparece o final do DOG e coas suas respectivas bases dependendo da modalidade: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180810/AnuncioG0425-020818-0001_gl.html
Nesta ligazón ao documento para a solicitude hai que sinalar a especialidade e o solicitado en relación con esa especialidade xunto co anexo II. Como? Utilizando o formulario que dispós na web da Xunta de Galicia https:/sede.xunta.gal
A maiores debes seguir estas indicacións:
- Tanto na obra como na documentación non figurarán datos identificativos.
- Tes que enviar un sobre pechado co título e o pseudónimo que queras poñer co boletín de isncrición (anexo II) coa seguinte documentación:
- Copia do DNI polas dúas caras.
- No caso de que sexas menor de idade, deberás pedir autorización a vos teus pais
- Certificado de empradoamento.
- Calquera soporte visual que se envíe (CD, DVD). Ollo, deberá estar en boas condicións!
- Como se valoraran as obras e como se seleccionarán?
O xurado estará formado por un equipo de profesionais e expertos/as de recoñecido prestixio na especialidade concreta. Tamén na composición da selección procurarase acadar a presenza igualitaria de mulleres e homes. Os nomes das persoas integrantes de cada unha das comisión de selección serán publicados na páxina web: http://www.xuventude.xunta.gal
- E se resultas premiado/a?
Serás notificado, no prazo máximo de seis meses, contados desde o día seguinte ao da publicación del DOG.
- Precisas máis información?
Podes consultar as bases do DOG do programa Xuventude Crea aquí: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180810/AnuncioG0425-020818-0001_gl.html
Tamén chamando a: 981 541 689 e 981 545 702
O enviando un correo a: xuventudecrea.cps@xunta.gal
Sorte!!