NOVAS

"A Xuventude no mundo" 2015: intercambio xuvenil a Berlin (Alemaña)

Publicado o 18 de Maio de 2015

No marco do programa "A Xuventude no mundo", a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariao da Consellería de Traballo e Benestar convoca un intercambio ao Distrito de Reinickendorf- Berlín, (Casa da Xuventude Fuchsbau) no marco das relacións bilaterais que mantén con distintas entidades noutros paises.

Que obxectivo ten o intercambio? Facilitar o coñecemento doutras realidades sociocultural e lingüísticas para a comprensión da diversidade cultural e facilitar e potenciar a adquisición de habilidades e competencias non formais que faciliten o desenvolvemento persoal. Realización de workshops sobre as eleccións europeas e o que traen para a sociedade.

Cando se realizará o intercambio? Do 2 ao 9 de xullo de 2015.

Cantas prazas hai? Hai 4 prazas e os mozos/as irán acompañados/as dun/ha coordinador/a.

A quen vai dirixido? A mozos e mozas galegos residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 25 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio.

Cando nos podemos inscribir? Do 18 ao 22 de maio do 2015.

Onde nos inscribimos? Mediante o envío de un formulario electrónico dentro do prazo establecido.

Como sabemos se fumos escollidos? Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. De non recibir comunicación de confirmación da praza o último día de inscrición entenderase que non se obtivo a praza.

Que facemos se nos seleccionaron? Confirmada a praza nos 5 dias (naturais) seguintes os/as seleccionados/as deberán remitir a galeuropa@xunta.es :

  • Unha copia do billete de transporte adquirido para desprazarse ata a cidade do país do intercambio. Non é documento válido a reserva de voo.
  • Unha copia da Tarxeta Sanitaria Europea ou copia do seguro de viaxe, de accidentes e de enfermidade.

 

Que gastos cubre a organización?

  1. Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
  2. Transporte no ámbito do intercambio.
  3. Actividades propostas para organizar pola entidade acollida como visita a Alexanderplatz, Bundestag (parlamento alemán), viaxe a Dresden, visita a diversos museos e galerías....

 

De que gastos se farán cargo os seleccionados?

  • Os gastos de desprazamento ata o lugar de aloxamento do intercambio.
  • A obtención da Tarxeta Sanitaria Europea ou seguro de viaxe, de accidente e de enfermidade.

Onde podemos pedir máis información? No correo xuventude@xunta.es