Ei, amig@s de Dameuntoke! Que facer neste fin de semana? Non sabedes? Xa vos dicimos nós!!
Ei, amig@s de Dameuntoke! Que facer neste fin de semana? Non sabedes? Xa vos dicimos nós!!
O lugar? Xuvia
A data? 14,15 e 16 de xuño
O evento? 4ª Edición do Encontro de Viños Narón-Neda "Xuviño 2013"
Resumimos Xuviño en números:
- 4 edicións
- 2 concellos unidos: Neda e Narón
- 70 bodegas confirmadas
- 15 stands
- 7 Denominacións de Orixe: Ribeiro, alvariño, Ribera del Duero, Rioja, Mencía, Ribeira Sacra e Cigales.
- 1,50 € o ticket
- 20000 visitantes na edición anterior
- 11000 euros de orzamento
O prezo dos tickets, como xa víchedes é de 1,50 € e poderedes mercalos individualmente ou en talonario. Os viños máis comúns costarán un ticket e os máis caros (reservas) dous.
Non só haberá viño, para evitar disgustos cos excesos haberá degustacións gratuitas de produtos de Narón, (ñam, ñam...eses pementiños do Couto), e Neda, (mmmm...a empañada de Neda), así como doutros pratos como a paella e o lacón asado.
En palabras de Mar Gómez, Concelleira de Feiras e Mercados Xuviño "é un encontro para comunicarnos os veciños de Narón, Neda e resto da comarca, e queremos superar a cifra de 20.000 visitantes que rexistramos o ano pasado".
Ademáis de beber e comer tamén haberá actuacións musicais nos dous lados do paseo de Xuvia, unha exposición de autos clásicos, postos de artesanía e de gastronomía, e atraccións infantís.
Este é o Programa de Xuviño 2013
- Venres 14 de xuño:
19:00 horas: Inauguración da feira a cargo dos Alcaldes de Narón e de Neda. Degustación de liscos de balde.
- Sábado 15 de xuño:
12:30 a 15:30 horas: Ás 13:00 horas degustación de balde de paella.
15:30 horas: Degustación de balde de lacón asado e pementos do Couto.
- Domingo 16 de xuño:
12:30 a 15:30 horas: A partir das 13:00 horas degustación de balde de empanadas de Neda e churrasco.
17:30 horas: Degustación de balde de churrascos e liscos.
Vémonos en Xuvia! Bebendo, zampando e danzando!!