NOVAS

XVI Torneo de Ximnasia Rítmica ‘Cidade de Narón’

Publicado o 05 de Decembro de 2013

Mozos e mozas de Narón! Estades list@s para a cita deportiva deste domingo día 8?

O Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara acolle de 12:30 horas en adiante o XVI Torneo de Ximnasia Rítmica "Cidade de Narón" na modalidade de conxuntos federados.

Este trofeo está organizado polo Club Acordes Narón, e conta coa colaboración do Padroado de Deportes do Concello de Narón.

A relación de clubs participantes é a seguinte:

 

Achegádevos porque a cousa ten moi boa pinta! En total está prevista a participación aproximada de 70 ximnastas, das seguintes categorías:

  • benxamín
  • alevín
  • infantil
  • junior
  • e senior.

 

Esta proba será unha posta a punto para tódalas participantes, que acudirán ó Campionato de España o vindeiro fin de semana en Granada.

Vémonos o domingo!