NOVAS

XVII Oenach Atlántico 2015: 31 de xullo a 2 de agosto

Publicado o 22 de Xullo de 2015

A parroquia de Sedes acollerá os vindeiros días 31 de xullo e 1 e 2 de agosto a celebración dos actos dunha nova edición do Oenach Atlántico de Sedes, Festa de Interese Turístico de Galicia.

Marián Ferreiro, Concelleira de Cultura, anunciou os actos do programa xunto ao presidente da Asociación de Veciños Rosa dos Ventos de Sedes, Miguel Galán; e a secretaria e un dos vocais da mencionada AVV, Julia Montero e Juan Yáñez:

Venres día 31

  1. 21.00 horas: Recreación de renacemento do Lume Novo Solsticial na Aldea Castrexa
  2. 22.00 horas: Noite de Música Galiciana, a cargo de Treixadura Gaiteiros.

Sábado 1 de agosto

  1. 11:00 horas: Apertura da campa castrexa ás 11.00 horas. Haberá mercadiño artesán e unha mostra de artesanía con cestería e madeira, na que participarán diversos artesáns procedentes de diferentes concellos galegos. Obradoiro de cociñado de porco ao espeto. Na nave central da Feira do Trece haberá tamén varias exposicións que trasladarán a veciños e visitantes á época castrexa.
  2. 14.00 horas: Oenach Gastronómico, no que poderemos degustar menús cociñados ao xeito castrexo. Veciños e veciñas de Sedes serán os encargados de preparar o menú, no que non faltarán as bolas de sartén, o pan de millo e a carne ao caldeiro.
  3. Despois da comida: actuacións teatrais, unha exhibición de Jugger –un xogo que mistura a loita medieval e o rugbi-
  4. 22.30 horas: Noite do Castro, coa recreación teatral no castro de Eiravedra da obra “A fraga maldita”, cun elenco formado por un gran número de veciños e veciñas de Sedes, que integran a Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes.
  5. 00.30 horas: Chourizada popular na Feira do Trece, onde se reunirán os comensais. A xornada nocturna estará amenizada por tres grupos musicais. 

Domingo 2 de agosto

  1. 11.00 horas: Recreación museística viva da Aldea Castrexa e exhibicións caninas
  2. 14:00 horas: Teatro e a comida celta, nesta ocasión con porco celta e xurelo lañado como menú do Oenach Gastronómico
  3. Pola tarde: Exhibición de xogos populares, unha carreira popular ao Castro de Eiravedra –aberta a todas as  idades e na que se poderán inscribir as persoas interesadas media hora antes de iniciarse.
  4. 20.30 horas: Entrega de trofeos e posteriormente á clausura do Oenach Atlántico de 2015.

A edil naronesa, Marián Ferreiro, animou a veciños/as e visitantes a desprazarse a vindeira fin de semana a Sedes para gozar do variado programa deseñado este ano para conmemorar a décimo sétima edición do Oenach, unha celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Desde o Concello habilitaranse zonas de estacionamento na parte traseira da nave do Trece e nas inmediacións do castro, tal e como se fixo en anteriores edicións.

Descarga o programa:

   
Documento Tamaño
Programa Oenach 2015.pdf 54.98 KB