O venres 18 de novembro o Pazo de Cultura de Narón acollerá a "XXVIII Gala do Deporte de Narón", o acto será o inicio do programa deseñado polo Concello con motivo do Día de Narón o cal terá unha serie de eventos a desenvolver entre os días 18 e 23 do mes de novembro.
Estará presidido polo alcalde, José Manuel Blanco, o que o acompañarán entre outros o edil de Deportes, Román Romero, e representantes da corporación local, así como deportistas da localidade e integrantes de clubes e entidades deportivas do municipio, cóntase que asistan ao redor de 900 persoas.
O acto comezará ás 21:00 horas.
No transcurso do acto procederase a desvelar o nome da persoa que resultou elixida por un xurado especializado en deportes como “Mellor deportista do ano 2016” de Narón. Así mesmo, nomearase aos “Deportistas do ano” nas modalidades de:
|
|
|
Haberá mencións especiais a:
- "Mellor promesa”
- “Mellor traxectoria deportiva”
- “Mellor proxección deportiva”e polos “Logros deportivos”
- “Mellor clube”
Representantes da corporación local, do Padroado de Deportes e das entidades deportivas locais entregarán os premios ós galardonados nesta edición da Gala de Deporte.