o vindeiro 22 de xullo celebrarase a 11ª edición de Alteada, a festa de exaltación do marisco da ría, onde teremos a oportunidade de desfrutar do marisco na nosa ría cun menú a base de sopa de peixe, ameixas á mariñeira, pescada, postre e café.
O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente da AVV Altea de Xuvia, Ramón Silverio, presentaron en rolda de prensa a 11ª edición da Alteada, a festa da exaltación dos productos da ría. O evento terá lugar o domingo 22 de xullo, baixo unha carpa instalada no paseo marítimo de Xuvia, financiada polo Concello para tal ocasión.
O prezo do menú é de 20€ por persoa, e os tiquets poderán retirarse no local social de Altea ata o día 17 de xullo.
Ademáis, contarase coa actuación musical de Chevalier.
Agárdase a asistencia de entre 300 e 400 persoas a esta festa, que téñese convertido nunha das citas imprescindibles no calendario gastronómico do verán.