NOVAS

11º Encontro Local da Mocidade: 7 de xuño

Publicado o 30 de Maio de 2013

A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, está a ultimar a organización do 11º Encontro Local da Mocidade, que se celebrará o venres 7 de xuño (entre as 16:00 e as 00:00 horas).

Onde vai ser esta actividade? No caso de bo tempo, as actividades se realizarán no exterior (skatepark e arredores da Casa da Mocidade). Se chove? No caso de condicións metereolóxicas adversas, se levará a cabo no interior do pavillón da Casa da Mocidade (A Gándara).

E para que valen estes Encontros? O Encontro Local da Mocidade ten como obxectivo crear espazos e lugares para o debate e a comunicación entre a mocidade, que permitan xerar estruturas organizativas, ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns. Está dirixido a moz@s de 14 a 30 anos de idade –especialmente ós que estean entre os 16 e os 23 anos-.

Vai moita xente a estes Encontros? Está previsto superar a participación do ano pasado, no que se deron cita 350 moz@s dos distintos barrios e parroquias do municipio e de outros concellos da bisbarra, e mesmo doutros puntos de Galicia.

E que vou atopar? Organizaranse actividades musicais, artísticas, de ocupacións, deportivas, e de lecer.